logoeduca2
O Concello investiu máis de medio millón de euros na construción, ampliación ou mellora dos comedores de dezasete centros educativos da cidade, avanzou esta mañá o rexedor. Unha vez máis, o goberno local suple unha competencia desatendida pola Xunta de Galicia en materia educativa.

comedor abelO alcalde avanzou esta mañá que o Concello de Vigo investiu máis de 500.000 euros na construción, ampliación ou mellora de comedores de centros escolares da cidade. Así o dixo na rolda de prensa previa á inauguración das instalacións do Ceip O Sello (Cabral) na que esta mañá participou o alcalde, acompañado da concelleira de Educación, Olga Alonso. Os case 22.000 euros investidos neste centro súmanse ás obras realizadas noutros dezaseis colexios: Escultor Acuña, Frián-Teis, Coutada-Beade, Javier Sensat, A Doblada, Santa Mariña Becerreira, Paraixal, Pondal, Valle Inclán, Mestres Goldar, Igrexa Candeán, Canicouva, Sárdoma Moledo e San Salvador. Tal e como explicou o rexedor, a administración competente nesta materia é a Xunta de Galicia pero, unha vez máis, o Concello asume estas obrigas porque senón os alumnos non poderían comer no seus respectivos colexios.

Unha situación similar se repite coa cubrición dos patios, tamén responsabilidade autonómica pero, segundo indicou Caballero "desde que eu son alcalde, a Xunta non cubriu ningún", aclarou. Mentres, o goberno local xa está a traballar nos proxectos dos patios dos centros Virxe do Rocío, Carballal e Canicouva, unha vez que xa realizou o do Rodríguez Castelao. O Concello adica medio millón de euros anuais á mellora das zonas recreativas dos colexios.

Fuente: vigo.org

Escribir un comentario


Código de seguridad
Refescar