A Valedora do Pobo ven de publicar na súa páxina web ara que as decisións sobre escolarización de alumnos de partos múltiples sexan adoptadas en atención a cada caso particular e de acordo cos proxenitores, sen establecer criterios de carácter xeral nas Normas de Organización e Funcionamento (NOF) dos centros escolares.

fillos multiplesExactamente isto foi o que defendemos nesta Confederación dende o primeiro momento, cando acompañamos á familia que presentou a demanda que deu orixe a este expediente: que se preste especial atención á individualidade do alumnado, e que as decisións escolares sexan tomadas de acordo coas peculiaridades que as alumnas e alumnos precisen, sen clasificacións aprioristicas que carecen de base científica; e que as decisións que afecten á vida escolar non estritamente académica estean consensuadas coas familias, (que somos quen debemos marcar as directrices sobre as que se debe tratar aos nosos fillos e fillas, porque somos quen as coñecemos e quen temos a responsabilidade da súa educación) dentro da colaboración co persoal docente, e sempre na procura da mellor solución formativa e persoal para o menor que depende das nosas decisións.

É de salientar na resposta da Valedora a claridade coa que se posiciona ao respecto da autonomía dos centros escolares, que é a escusa permanente que mantén a consellaría de educación para non tomar ningunha decisión, nin traballar por unha educación plena para a nosa xuventude: “a autonomía dos centros educativos… é a que permite, precisamente, adoptar nestes casos solucións individualizadas e flexibles, guiadas exclusivamente polo interese particular dos menores escolarizados”.

Alguén, e tivo que ser a Valedora, tiña que lle dicir á consellaría, mais tamén aos propios centros, que a autonomía non é o dereito a facer o que lles pete, senón a obriga de adaptar o corpus normativo e as dispoñibilidades administrativas ao interese e á necesidade do alumnado concreto co que cada centro se atope, e sempre para a mellora da oferta educativa que ese alumnado reciba, pensando exclusivamente neles e nunca, nunca, na conveniencia organizativa do centro escolar.
Agardemos que a consellaría responda rapidamente a esta Recomendación da Valedora, e que comece dunha vez a traballar polo benestar presente e futuro do alumnado galego, e o das familias que apostamos decididamente por un Ensino Público Galego da maior solvencia e calidade.

Escribir un comentario


Código de seguridad
Refescar