logoeduca2
Ábrese o prazo de matrícula en ciclos e módulos de formación profesional con prazas vacantes desde as 9:00 horas do día 26 de setembro ata as 13:00 horas do día 29 de setembro de 2017. Este é o derradeiro período de matriculación en prazas vacantes.

Para matricularse nun ciclo con prazas libres a única condición é cumprir os requisitos de acceso para ás ensinanzas correspondentes.

As persoas interesadas deberán formalizar a matrícula no centro educativo no que o ciclo formativo teña prazas vacantes. A matrícula realizarase por orde de chegada.

Para solicitar a matrícula en ciclos do réxime ordinario con prazas liberadas empregarase o anexo I.

Para solicitar a matrícula en módulos do réxime para as persoas adultas con prazas liberadas empregarase o anexo II.

A matrícula en calquera ciclo con prazas vacantes implica a renuncia a continuar no proceso de admisión e polo tanto a participar nas seguintes adxudicacións de prazas.

ciclosformativos
Fuente: Xunta de Galicia

Escribir un comentario


Código de seguridad
Refescar

0
0
0
s2smodern

comentarios