Vigo, a 26 de febreiro de 2018
Estimado/a presidente/a da ANPA:
Informámosvos que FOANPAS organiza as “III Xornadas de Igualdade e Educación” os vindeiros venres 16 de marzo (tarde) e sábado 17 de marzo (mañá) no Museo Verbum Casa das Palabras, sito en Avenida de Samil 17 (Vigo).

Serán unhas xornadas de participación aberta, dirixidas á comunidade educativa dos centros de ensino público, nas que persoas vencelladas ao eido da igualdade tratarán a violencia de xénero (Marina Marroquí Esclopez – educadora social e presidenta de AIVIG -), a educación en igualdade e o activismo social da mocidade (Chis Oliveira Malvar – catedrática de Filosofía e experta en educación afectivo – sexual e o Comando Igualdade), como traballar a igualdade nas aulas (Mª del Carmen Rivas – profesora de Administración de empresas – e Raquel Martínez Rivas – profesora de FOL) e dous talleres prácticos, un sobre a importancia da afectividade na convivencia (Sandra Verba Szerman – formada en psicoloxía social, psicomotricidade e terapia Gestalt -) e outro sobre a coeducación (Celso Taboada Lorenzo – axente de igualdade -).
Os/as interesados/as podedes inscribirvos vía telefónica: 986298812 ou no correo electrónico: Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. antes do vindeiro 14 de marzo.
Pregamos difundades esta información entre as nais e os pais do voso centro.
Agradecendo a vosa colaboración e agardando sexan do voso interese.
Recibide un cordial saúdo.
A XUNTA DIRECTIVA DE FOANPAS

III Xornadas Igualdade marzo 2018
Díptico Xornadas igualdade

Escribir un comentario


Código de seguridad
Refescar