I.E.S. SANTOMÉ

Este venres publicáronse no BOP as bases e convocatoria do programa municipal de estudos no Reino Unido e Irlanda. Informou o alcalde que as solicitudes poden presentarse do 12 ao 23 de marzo, ambos incluidos. O Concello eleva este ano a 750 as vacantes para alumnado de 3º de ESO.

O Concello de Vigo abre o prazo para solicitar unha das 750 bolsas de inglés que oferta este ano aos estudantes de 3º de ESO que queiran pasar un mes no Reino Unido e Irlanda nun programa de inmersión lingüística. Os interesados poden presentar a súa candidatura entre os días 12 e 23 de marzo, ambos incluidos.

Así o trasladou este venres o alcalde de Vigo, Abel Caballero, toda vez que o BOP publica hoxe as bases e convocatoria deste programa municipal. O goberno que preside adica máis de 1,7 millóns de euros para a inmersión lingüística do alumnado durante un mes, que as rendas altas abonan nun 25% do custo da praza, polo 15% para as rendas medias e a gratuidade total para as rendas menores.

Para optar, os interesados poden recoller o formulario de solicitude no departamento de Educación no Concello de Vigo ou descargalo da web vigoeningles.org. O prazo de presentación das solicitudes abre o luns e e pecha o 23 de marzo. Segundo figuran nas bases da convocatoria, os requisitos para obter praza pasan por ter o curso anterior aprobado e un sete de nota mínima en inglés, ademais de estar censado na cidade.

O alcalde salientou o "éxito excepcional" dun programa que concede en Vigo máis bolsas de estudos que as comunidades autónomas de Madrid e Cataluña xuntas, segundo destacou en rolda de prensa.

O compromiso do Concello de Vigo

O Concello de Vigo está firmemente comprometido co ofrecemento, ó meirande número posible de estudiantes vigueses, da posibilidade de perfeccionar o seu coñecemento do inglés, asemade que descobren a cultura e o sistema educativo dos países anglosaxóns. O dominio dunha segunda lingua é esencial hoxe en día, sendo o inglés, o español e o chinés as máis demandadas e con maior presencia a nivel mundial.

A integración en centros escolares

O progama vai dirixido a estudantes de 3º da ESO. Desenvólvese no mes de setembro e consiste nunha estadía de 3 semanas nun país de fala inglesa. Durante este tempo, os rapaces asisten a un centro escolar, coma calquer outro estudiante local.

Fuente: http://xornal.vigo.org

VIAJEANGERSPILI
ultimoscomentarios