CHARLA SOBRE AUTOESTIMA PARA PADRES Y MADRES

Hola a todos,

Comentaros que el próximo martes 20 a las 18:30 tendrá lugar en el instituto una charla sobre "Autoestima de padres y madres" impartida por Paula Suarez del gabinete de Positivando.
Esperamos sea de vuestro interés.
Un saludo,
Junta Directiva

CONVOCATORIA ACTIVIDADES DE FORMACIÓN EN LINGUAS EXTRANXEIRAS 2018 ALUMNADO

Ante a publicación no DOG do día de hoxe da Orde do 22 de xaneiro de 2018, pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2018, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva, xúntase cartel informativo desta convocatoria, coa petición da súa difusión entre o posible alumnado beneficiario destas axudas.

O prazo de presentación de solicitudes comeza o día 8 de febreiro e remata o día 7 de marzo.

A información sobre este programa, así como a aplicación "en liña" que se menciona na convocatoria, atoparase na páxina web http://www.edu.xunta.es/axudasles Cómpre ter en conta que, no caso dos centros concertados, no referente ás certificacións de matrícula e académica (documentos que, entre outros, acompañarán á solicitude) en educación secundaria obrigatoria as certificacións serán asinadas polo director ou directora do centro educativo co visto e prace da inspección educativa, e no caso das ensinanzas de bacharelato, as certificacións asinaraas o secretario ou secretaria do centro público no que se atope o expediente académico do alumnado e co visto e prace do director ou directora dese centro.

Santiago de Compostela, 7 de febreiro de 2018

Servizo de Ordenación, Innovación e Orientación Educativa
Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa
Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

CARTEL INFORMATIVO EN PDF

Escribir un comentario


Código de seguridad
Refescar