Vigo, 22 de febreiro de 2018

Estimados/as compañeiros/as:

Convidámosvos á xunta directiva da ANPA e a todas as familias do voso centro á charla:


SEXO? ... SEGURO!!

Cando: MÉRCORES 7 DE MARZO DE 2018

Hora: de 18:30 a 20:30 h.

Onde: IES DE TEIS (Avenida de Galicia 101 – Vigo)

Esta charla está dirixida a nais, pais e docentes da educación secundaria dos centros de ensino público.

E de qué se falará? Pois de sexo, de sexualidade, de xénero, dos métodos para coidarse, do inicio da actividade sexual, de enfermidades de transmisión sexual, da orientación sexual, do noviazgo e a parella, das relacións violentas, e de todos os temas que vos provoquen inquedanza neste eido.

Será impartida por Carmen Gómez Tato, médico puericultor e membro dun grupo de investigación a nivel nacional centrado en adolescentes e, Ana Padín Calviño, médica pediatra e psicóloga social.

É importante que as familias teñamos información e falemos cos nosos fillos e fillas de todo o relacionado coa sexualidade e a sexoafectividade. Empoderemos aos/ás nosos/as adolescentes para que teñan relacións sanas.

PREGAMOS FAGADES DIFUSIÓN DESTA ACTIVIDADE XA QUE A CONSIDERAMOS IMPRESCINDIBLE PARA PODER ELIMINAR PREXUÍZOS E TABÚES.

Inscricións ata o 6 de marzo no 986298812 ou en Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.
Un saúdo

A COMISIÓN DE CONVIVENCIA E A XUNTA DIRECTIVA DE FOANPAS

Cartel EDUCACIÓN SEXOAFECTIVA

Escribir un comentario


Código de seguridad
Refescar