PROMOCIÓN E TITULACIÓN EN BACHARELATO.

1º BACHARELATO: O alumnado promociona con tódalas materias de 1º curso superadas, ou ben con avaliación negativa en dúas materias, as cales deberá ursar simultáneamente coas do 2º curso. O alumnado que non promocione pode permanecer un ano máis en 1º de Bacharelato, DEBENDO MATRICULARSE DO CURSO COMPLETO independemente do número de materias no que obtivera avaliación negativa na avaliación de setembro.

2º BACHARELATO: O alumnado titula con tódalas materias de 1º e 2º aprobadas. De quedarlle alguna pendente, o alumnado poderá permanecer un ano mías no mesmo curso, matrículándose do curso completo o usó das materias nas que obtivera cualificación negativa.En Bacharelato as notas son moi importantes. O alumnado que pretenda acceder á Universidade terá en conta as notas dos dous cursos do Bacharelato, que constitúe o 60% da nota de acceso. No caso de cursar un ciclo formativo, a nota do Bacharelato será tida en conta no caso de que a demanda sexa superior ao número de prazas.
 
CAMBIO DE MODALIDADE: Quen cursara 1º de Bacharelato nunha modalidade e prefira cambiar de modalidade en 2º pode facelo matriculándose, ademáis das materias xerias do bloque de troncais de 2º, daquelas de 1º que non teña superadas, previa comunicación á Dirección do centro.

Escribir un comentario


Código de seguridad
Refescar