A Consellería ofrece ás familias a posibiidade de asistir a unha formación de 9 horas sobre atención a urxencias sanitarias, que será impartida por persoal do 061.

Esta formación  desenvolverase no CFR de Vigo (Camiño do Chouzo nº 2, edificio do IME) os días 19 e 26 de febreiro, e 5 de marzo en horario de 16:30 a 19:30.Para facer a inscrición hai que chamar ao teléfono do CFR de Vigo 986202370 ata o día 9 de febreiro. A selección dos participantes farase por orde de recepción das solicitudes ata cubrir 20 prazas.Prégolle faga chegar esta información ás familias e á ANPA polo medio que vostede considere oportuno.

Agradézolle a súa colaboración e aproveito a ocasión para enviarlle un cordial saúdo.

Consuelo Rivera Seoane
Directora do CFR de Vigo
Camiño do Chouzo s/n 36208 tel: 986202370

Escribir un comentario


Código de seguridad
Refescar