I.E.S. SANTOMÉ

A Consellería ofrece ás familias a posibiidade de asistir a unha formación de 9 horas sobre atención a urxencias sanitarias, que será impartida por persoal do 061.

Esta formación  desenvolverase no CFR de Vigo (Camiño do Chouzo nº 2, edificio do IME) os días 19 e 26 de febreiro, e 5 de marzo en horario de 16:30 a 19:30.Para facer a inscrición hai que chamar ao teléfono do CFR de Vigo 986202370 ata o día 9 de febreiro. A selección dos participantes farase por orde de recepción das solicitudes ata cubrir 20 prazas.Prégolle faga chegar esta información ás familias e á ANPA polo medio que vostede considere oportuno.

Agradézolle a súa colaboración e aproveito a ocasión para enviarlle un cordial saúdo.

Consuelo Rivera Seoane
Directora do CFR de Vigo
Camiño do Chouzo s/n 36208 tel: 986202370
santomecabecera

CURSO 2017-2018
CRITERIOS DE PROMOCIÓN E DE TITULACIÓN

Se promociona de curso ao aprobar tódalas materias cursadas ou suspender dúas como máximo. Sen embargo o alumnado deberá ter en conta que, de darse o caso de que as dúas suspensas sexan simultáneamente Matemáticas e alguna das linguas (Lingua Castelá ou Lingua Galega) o alumnado deberá repetir curso. A efectos de repetición cóntanse como suspensas as asignaturas pendentes de cursos anteriores e non superadas.

O alumnado que promocione con suspensas deberá recuperalas a través dun programa de reforzó e recuperación.

A repetición pódese aplicar nun mesmo curso unha soa vez e dúas veces como máximo dentro da ESO. Excepcionalmente pódese repetir unha segunda vez 4º da ESO se non repetiu en cursos anteriores da ESO. Cando a segunda repetición se produza en 3º ou 4º ESO, o alumno pode permanecer na ESO ata os 18 anos cumpridos no ano en que se inicie o curso, agás no caso de que o alumno ou alumna teña necesidades educativas especiais.

TITULACIÓN NA ESO.

Para obter o Título de ESO é preciso aprobar tódalas materias, ou ben ter un máximo de dúas suspensas sempre e cando o profesorado considere que se teñen alcanzado os obxetivos da etapa e non sexa o caso de que as dúas asignaturas suspensas sexan simultáneamente Matemáticas e alguna das linguas (Lingua Castelá ou Lingua Galega. A efectos de titulación cóntanse como suspensas as asignaturas pendentes de cursos anteriores e non superadas.

O Título de Graduado en Educación Secundaria permite acceder a:

  • Bacharelato.
  • Ciclos Formativos de Grado Medio.
  • Mercado de traballo.
A elección dos estudos posteriores debe ser mpi meditada y se debe apoiar no Consello Orientador que se lle da a cada alumno ao finalizar 4º ESO.
ultimoscomentarios