subcabeLope
ALUMNADO 6º EDUCACIÓN PRIMARIA:

O prazo para facer a reserva de praza no IES San Tomé de Freixeiro (o Centro adscrito), é do1 ao 15 de febreiro de 2018.

A solicitude, xunto coa información, será enviada ás familias polo alumnado e, aquelas interesadas, terán que devolvela aos titores, cuberta e asinada; ou ben, entregala na Secretaría do Centro.

ALUMNADO DE NOVA INCORPORACIÓN:

· DÍA E HORARIO DAS XORNADAS DE PORTAS ABERTAS: - 27 DE FEBREIRO E 6 DE MARZO (Martes) DE 16:30 A 17:30 h (Non é necesario avisar previamente).

· O prazo para facer a reserva de praza é do 1 ao 20 de marzo de 2018
Orde do 25 de xaneiro do 2017 pola que se modifica a Orde de 12 de marzo de 2013, que regula o procedemento de admisión.

IMPORTANTE: As familias poderán cumprimentar as solicitudes a través da aplicación:

https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/

Esta solicitude poderase presentar en Sede Eletrónica a través desta aplicación, no centro educativo ou en calquera dos lugares que establece a Lei 39/2015, do 1 de outubro do Procedemento Administrativo Común.


Escribir un comentario


Código de seguridad
Refescar

ultimoscomentarios