subcabeLope

CEIP LOPE DE VEGA

menufebrero
extraordinariaanpa



ENTROIDO18DIADAPAZ
Vaia lío coa canción de VAIA TÍO

Son mestra dende hai 30 anos... por vocación, porque me sae de dentro, porque me gusta, me satisface e disfruto séndoo. Son funcionaria dende o ano 2007 porque aprobei unha oposición e ninguén me puxo a dedo; non fun recomendada por... 

Nunca votei nin ao PSOE, nin a Abel Caballero, pero dende este momento, Señor Alcalde, vai ter o meu voto... e todo o meu apoio. Cómo é posible que alguén ao que se lle presupón certo rigor, faga unhas declaracións e acusacións sobre un feito que tivo lugar no meu colexio, sen nin siquera informarse previamente? 

O Señor Javier Dorado trata de convertir unha xornada festiva para o noso alumnado nun problema político... adoctrinamento?, apoloxía de que...?

Unha mágoa, Señor Dorado! Eu non son político... son mestra. Non lle digo a vostede como ten que xestionar os seus asuntos... non cuestione o meu traballo. Non me xulgue " de oído"...

JavierDorado ppdeVigoGustaríame aclararlle que o Señor Alcalde foi o primeiro sorprendido polo recibimento que tivo por parte do noso alumnado e que en ningún momento "les obligó a cantar" nin fixo ningún tipo de "adoctrinamiento político " como vostede di.

O tema de Tony Lomba foi proposto por un grupo de alumnos de sexto de primaria que acudiran recentemente a un pleno infantil no Concello e quixeron agasallar ao Alcalde cunha canción que coñeceran a través das redes sociais... cousas das novas tecnoloxías!!

Nós, Señor Dorado, somos mestres, non políticos e educamos en liberdade, non adoctrinamos... pero xa sabe, de educación, política e relixión todos sabemos.

No noso colexio aceptamos calquera persoa, de calquera signo político que se implique coa educación e o benestar do noso alumnado, que son os únicos protagonistas e o único que nos ocupa.

O Señor Alcalde foi o noso invitado e lamento que vostede sentira "vergüenza ajena"... o noso alumnado non o percibiu así e desfrutou coa visita do Alcalde que lonxe de dar un mitin político, ensalzou o noso colexio, as instalacións e o labor do profesorado... que para eles somos un exemplo día a día.

Prégolle que non nos compare con réximes autoritarios, oféndeme... no noso colexio educamos no respecto e a tolerancia.

Para rematar, Señor Dorado, anticípolle que para o Día da Paz estamos preparando a canción de "La muralla" de Nicolás Guillén (poeta, periodista e activista político cubano)... espero que non nos tache de comunistas.

Unha mestra
El PP considera un "intento de adoctrinamiento político" la interpretación que los alumnos del CEIP Lope de Vega hicieron de la canción "Vaya tío" de Tony Lomba, inspirada en el alcalde, para recibir a Abel Caballero el pasado viernes. El colegio rechaza las acusaciones.

El vídeo se convirtió en viral y el secretario del PP de Vigo, Javier Dorado, denunció ayer que hubo alumnos "obligados a adular al señor alcalde", un episodio que calificó de "bochornoso" y "más propio de un régimen dictatorial que de una democracia moderna". Desde el centro educativo, un portavoz rechazó las acusaciones del PP e insistió en que fue una "sorpresa" preparada por los propios escolares y que no "había nada pactado" con Caballero.
ultimoscomentarios